miércoles, 3 de junio de 2009

DEREITOS HUMANOS

1- DEREITO Á IGUALDADE
2- DEREITO Á NON DISCRIMINACIÓN
3- DEREITO Á VIDA
4- DEREITO A NON SER ESCLAVIZADO
5- DEREITO A NON SER TORTURADO
6- DEREITO Á PERSONALIDADE XURíDICA
7- DEREITO Á IGUALDADE ANTE A LEI
8- DEREITO AO RECURSO ANTE A LEI
9- DEREITO A NON SER DETIDO/A ARBITRARIAMENTE
10-DEREITO A UN XUIZO XUSTO
11-DEREITO Á PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
12-DEREITO Á PRIVACIDADE
13-DEREITO Á LIBERDADE DE MOVEMENTO
14-DEREITO DE ASILO
15-DEREITO Á NACIONALIDADE
16-DEREITO AO MATRIMONIO E Á FAMILIA
17-DEREITO Á PROPIEDADE
18-DEREITO Á LIBERDADE DE CULTO E DE PENSAMENTO
19-DEREITO Á LIBERDADE DE OPINIÓN E EXPRESIÓN
20-DEREITO Á LIBERDADE DE ASOCIACIÓN
21-DEREITO Á PARTICIPACIÓN POLÍTICA
22-DEREITO Á SEGURIDADE
23-DEREITO AO TRABALLO
24-DEREITO AO DESCANSO
25-DEREITO A UN NIVEL DE VIDA AXEITADO
26-DEREITO Á EDUCACIÓN
27-DEREITO Á CULTURA E AO PROGRESO
28-DEREITO A UN MUNDO XUSTO
29-DEREITOS E DEBERES ANTE A SOCIEDADE
30-INALIENABILIDADE DOS DEREITOS

AS COUSAS QUE APRENDIMOS EN EpC

Eu creo que agora somo mellores cidadáns. Aprendemos os Dereitos Humanos, a que para resolver conflictos podemos utilizar a negociación, a conciliación, a mediación e a arbitraxe.
Tamén aprendemos a ter en conta as “Tres cabezas do xigante” antes de dicir ou facer algo. Que as cousas están ben, se son verdadeiras, se as facemos con boas intencións e se teñen boas consecuencias.
Tamén aprendemos os tipos de condutas: que hai que ser asertivo, non pasivo, nin agresivo. (Rodrigo)

Eu sinto que son mellor cidadán en que penso máis as cousas antes de dicilas, en que son capaz de reaccionar un pouco menos pasivamente, que me porto mellor, que respecto máis aos demáis, que fago mellor as cousas e que cando me enfado, inténtome relaxar. (Miguel)

Eu aprendín que alguén ten unha conduta agresiva cando che di algo “alterado”, te mira mal, con tono de voz agresivo. Por exemplo, un vai escoitando música a todo volumen e outro dille: por favor, poderías baixar o volume…e o primeiro contesta: non me da a gana.
A conduta é asertiva cando defendes os teus dereitos sen berrar, cun ton e unha mirada axeitada. Por exemplo, levo a música alta e cando me din se podo baixala, eu digo que sí e pido perdón por molestar.
A conduta pasiva e a do que cala ante todo e non se quere meter en líos. Por exemplo, eu dígolle a miña nai que se cale e ela vaise
(Iso é real)
Eu aprendín os Dereitos Humanos, cousas que antes non sabía e non me interesaban como a Guerra de Palestina…
Eu creo que me sinto mellor cidadán, aínda que “todos” non poidades notalo.
(…)
Aprendín a falar con mellores modais á xente; a pensar antes de actuar; a pedir a palabra para falare respectar aos meus compañeiros cando falan; a saúdar máis á xente pola rúa; que aínda que a ti che falen mal, ti non tes porque facer o mesmo…
Sí, sinto que son mellor cidadá porque moitas cousas que antes non sabía nin facía, agora fágoas habitualmente e sei que están ben, porque se a ti che gustaría que cho fixeran, está ben… e se a ti non che gustaría, está mal.

Tamén me comporto mellor, fálolle moito mellor á xente, sei responder ante unha conduta agresiva e aprendín a respectar os dereitos dos demáis. (Andrea)

Eu creo que agora son mellor cidadá que antes porque, por exemplo antes a meu irman contestáballe agresivamente e agora fálolle asertivamente.
Tamén aprendín o dereitos humanos e sei que non se cumplen en todo o mundo. (Elisa)

Antes pasaba de miña nai, pero agora púxenme no seu lugar e deime conta de que é triste. (…)

Unha das cousas máis importantes que aprendin foi o das tres conduta, porque agora sei cal é a miña e trato de moderala (Jessica R.)

Sí, son mellor cidadá porque agora noto que o meu comportamento cambiou con algunhas persoas, porque na clase de EpC falamos das cousas que nos pasan, e damos a nosa opinión sobre o que nos parece ben e mal, e iso ensínanos a reflexionar. (Alba)

Aprendín como se debe comportar un cidadán pero eu non vou cambiar nin serei capaz de facelo. Non é que faga cousas malas, pero tampouco son unha boa cidadá. (…)

miércoles, 29 de abril de 2009

¡Afuera!¡Afuera esos fusiles y cañones,
esos cohetes, esos aviones,
esa bandera extraña, esa bandera!
Afuera el que en la paz tan solo espera,
invadir- por la PAZ- otras naciones,
y planta- por la PAZ- sus pabellones,
y pide- por la PAZ- la Tierra entera.
¡Triste PAZ, tan traída y tan llevada,
Triste paloma, tan apuñalada,
que se puede morir tan de paloma...¡
Rafael Alberti
Comentar esta noticia